“Asasinato inesperado”, primeira curtametraxe da Escola de Cine de MAUmarela

Aquí lanzamos a primeira curtametraxe realizada pol@s participantes na Escoal de Cine de MAUmarela. Na actividade traballamos varias habilidades: a escritura, o traballo en equipo, aprendimos como elaborar un guión, un story board, a tratar as imaxes e saber contar cousas cunha cámara, etc… Sen dúbida a labor do grupo foi do máis gratificante nesta primeira experiencia detrás e diante das cámaras.

É interesante como entre tod@s, e conscientes de que era o noso primeiro traballo cinematográfico, eliximos facer unha película muda coma homenaxe aos inicios do sétimo arte.

Esperamos que vos guste o resultado.

Deixar un comentario