Competencias clave

¿Que son?

As competencias clave son de especial interese para aqueles desempregados que carezcan de calquer título académico e queiran acceder á oferta formativa institucional referida aos novos certificados de profesionalidade.

Estas competencias clave son os requisitos formativos que asegurarán que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3. Para o acceso dos alumnos aos certificados de profesionalidade de nivel 1 non se esixen requisitos de acceso.

As competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento. Unha vez adquiridas estas persoas poden participar da etapa da aprendizaxe ao longo da vida e adaptarse de forma apropiada ás necesidades do mundo da produción, do traballo e aos cambios que se produzan na sociedade.

 ¿Cáles son as competencias clave?

Lingua galega
Lingua castelá
Linguas extranxeiras (inglés, francés ou alemán)
Matemáticas
Ciencia
Tecnoloxía dixital
Xeografía
Historia

As probas en competencias clave

Tratarán sobre cada unha das competencias clave nas que se realice a inscripción. A Dirección Xeral de Formación e Colocación realizará polo menos unha convocatoria anual das probas.
As persoas que participen nelas expediráselles un documento acreditativo que permitirá o acceso á formación que requira esa competencia clave.

One Comment to “Competencias clave”

  1. ¡¡¡¡¡Adelante chicos, es muy interesante y os deseamos un gran futuro.

Deixar un comentario