Intelixencia creativa

Pensa, inventa e crea. Fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización ante os problemas

Educar dun xeito integral implica atender aos coñecementos, pero tamén a outros aspectos da mente como é a creatividade. A lexislación vixente (LOE) estipula dentro dos seus principios o fomento da capacidade creativa do alumnado, capacidade que ten suma importancia para o resto de aprendizaxes e habilidades que @s nen@s teñen que facer fronte no seu día a día dentro do sistema educativo.

Partiremos dunha avaliación do potencial creativo de cada un dos nen@s co obxectivo de dotalos daqueles recursos máis axeitados e que finalmente sexan eles mesmos @s que resolvan as situacións que día a día se lles presenten.
Imos traballar a través de “circuítos creativos” que axudarán a estruturar as dinámicas seguindo sempre os seguintes rasgos: potenciación da fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización cara aos problemas.

Obxectivo

Desenvolvemento do pensamento e dos procesos cognoscitivos e da expresión corporal, alternando as actividades grupais con outras individuais.

Programación

Un total de 12 sesións semanais de 45 minutos de duración.

Deixar un comentario