Club de Secundaria

Durante a ESO, é importante reforzar e afondar nos estudos para chegar ben preparados e motivados ao Bacharelato. En MAUmarela! temos un Club de Secundaria que nace con este obxectivo. Cremos que

a participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe é a clave para a motivación A labor de MAUmarela consistirá en avaliar, personalizar, guiar e acompañar ao/á alumn@ no seu proceso.

O Club de Secundaria está ideado seguindo directrices pedagóxicas. Estrutúrase do seguinte xeito

  • Proba inicial para que poidamos avaliar os seus hábitos e habilidades de estudo. Isto permitiranos coñecer as súas fortalezas e debilidades.
  • Concreción de obxectivos académicos e personais: Que quere conseguir a través de MAUmarela? Trátase dun primeiro paso no que o/a alumno/a se responsabiliza do seu labor coa nosa axuda e guía.
  • Sobre a base dos puntos anteriores decidiremos conxuntamente coas familias o tempo de traballo en MAUmarela e o contido dese traballo (estratexias de estudo, priorización de materias, atención aos intereses e motivacións do/a alumno).
  • Terá á súa disposición todos os materiais de MAUmarela: libros, ordenadores, Pizarra dixital e contará coa guía dos docentes do centro. Nós traballaremos con el ou ela as distintas técnicas de estudo: Mind Mapping, esquemas, memoria, organización e otras dende unha perspectiva integral (tendo en conta habilidades e motivacións).
  • Manterá periodicamente (unha vez cada mes) unha sesión de seguimento e avaliación do seu traballo en MAU de forma grupal.
  • O/ a alumno/a terá a oportunidade de asistir a talleres e sesións especiais nas que tratemos temáticas especiais de Matemáticas, Linguas, Inglés e Ciencias.
  • O novo sistema de tarifas horarias permitiralle mesmo variar as horas de asistencia segundo necesidades (exames, traballos académicos…)

NOVOS HORARIOS PARA O CURSO 2014/15Captura de pantalla 2014-09-30 a la(s) 15.01.57Captura de pantalla 2014-09-30 a la(s) 14.42.18