Aprender a pensar

Filosofía para Nen@s

Filosofía para Nen@s (FpN) é unha proposta educativa que leva desenvolvéndose en máis de 50 países dende que nos anos 70 a puxo en marcha o profesor Matthew Lipman. Trátase dun programa rigoroso e sistemático que pretende posibilitar que os nenos e nenas de entre 3 e 18 anos podan desenrolar e potenciar as súas habilidades intelectuais, sociais, críticas, creativas e éticas a través da comunidade de indagación ou investigación.

A proposta de FpN non contempla a transformación dos participantes en filósofos profesionais, senón en dotalos das destrezas necesarias que lles permitan un mellor desenvolvemento tanto na súa vida académica como social e cidadán a través do reforzo das habilidades de pensamento e a adquisición dunha actitude crítica e respectuosa fronte os demais.

Obxectivos pedagóxicos que persegue a FpN

Habilidades cognitivas: aprender a razoar, a formular hipóteses, a xeneralizar, a usar e recoñecer criterios, facer boas preguntas, a usar analoxías e metáforas, a dar exemplos e contra exemplos, a facer boas distincións, a distinguir e realizar boas inferencias, a ampliar puntos de vista. Todas estas habilidades están á base das competencias matemática, lingüística e científica.

Habilidades sociais: aprender traballar ideas alleas, a respectar as ideas dos outros, a colaborar cos outros, a dialogar como método para achar significados.

O desenvolvemento e práctica de ambas as dúas habilidades teñen como obxectivo final a capacitación para levar a cabo mellores xuízos tanto no campo do saber como no de vos valores. Neste sentido a FpN preséntase como unha ferramenta moi valiosa á hora de estender entre os alumnos unha cultura para a paz e como prevención de conflitos dentro da escola.

Método

A base da Filosofía para Nenos é a comunidade de investigación na aula que se estrutura arredor do diálogo e o intercambio de ideas a partir de suxestións persoais que provocan a lectura dunha serie de historias e novelas.

Séguese o programa desenvolvido polo profesor Matthew Lipman que consta dunha serie de novelas especialmente elaboradas para cada franxa de idade, abranguendo dende os catro ata os dezaoito anos.

Dende Maumarela ofrecemos a posibilidade de realizar o Taller de FpN Aprender a Pensar tanto no centro (sempre que se forme un grupo estable) ou como actividade extra-escolar para centros educativos de Primaria e Secundaria.

Para ter máis información sobre a FpN aquí

Recomendámos tamén coñecer o Proxecto Noria.

Deixar un comentario