Chinés para nen@s

O chinés, ademáis de ser un idioma interesantísimo, axuda a que @s máis pequen@s desenvolvan a capacidade de artellar diferentes maneiras de estruturar a linguaxe e de pensar.

Dende o primeiro día, @s alumn@s de chinés de MAUmarela!, traballarán:

  • a escritura dos caracteres chineses, levando láminas para a casa
  • a fonoloxía, mediante cancións e pequenas conversas
  • o vocabulario
  • a cultura, pois en cada clase se adicarán uns minutos a explicar algún aspecto da cultura chinesa (gastronomía, costumes, música, xogos…)

E descubrirán cómo cada lingua ten as súas peculiaridades: por exemplo, en chinés as palabras non teñen xénero, nin número. Por iso, en canto a morfoloxía gramática, o chinés resulta máis simple có inglés ou o có español.

Imagen escaneada 3

As clases seguen a normativa e metodoloxía didáctica do mandarín proposta nos libros “Aprende chino con Xiao Yue” e “Aprende chino con Bao Bao”, recomendados polo Instituto Confucio. A profesora é Chen Wu, nativa residente en Ribadeo. Temos varios grupos en función das idades: de 3 a 5-6 anos e de 6 anos ata 12. Consúltanos os horarios e prezos.

Captura de pantalla 2013-09-12 a la(s) 19.08.54

Todas as actividades propostas por MAUmarela! teñen como obxectivo potenciar a creatividade e a motivación d@s alumn@s, así como aportarlles un coñecemento integral e duradeiro, que lles sirva ao longo da vida.

Captura de pantalla 2013-09-12 a la(s) 19.01.44